Caballero visita as novas instalacións da empresa Lidl en Vigo
O alcalde de Vigo visitou este martes o novo establecemento da empresa Lidl en compañía do director rexional da compañía en Galicia, Jaime Herrá. A tenda, situada na antiga nave de Toys’ R’ Us, é a primeira da cadea en toda a comunidade en incorporar un “travelator” -corredor rodante- para favorecer a accesibilidade e a comodidade.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este martes a nova tenda de supermercados Lidl, situada na antiga nave de Toys’ R’ Us, xunto ao director rexional da firma en Galicia. O próximo xoves Lidl abrirá as portas do seu novo establecemento na rúa Jacinto Benavente, onde se situará a tenda de maiores dimensións da cadea en toda a comunidade, grazas a unha sala de vendas de 1.600 metros cadrados, tras realizar un investimento de 4,6 millóns de euros para a súa construción e equipamento.
A cadea de supermercados creou 50 novos postos de traballo na cidade. Algúns destes novos empregados incorporáronse á nova tenda, onde traballarán un total de 30 persoas, e o resto reforzarán as outras catro tendas de Vigo.


