xoves, 19 nov 2020
                    Desde o ano 2007 o orzamento de política social medrou no Concello de Vigo desde os 4,2 millóns ata os 18,2 millóns en 2021, o que supón un aumento dun 428%. Así o dixo esta  mañá o rexedor nunha rolda de prensa na que reiterou que as contas municipais para o próximo ano son basicamente “sociais e inversoras e, polo tanto, xeradoras de emprego”.
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    xoves, 19 nov 2020
                    O Concello aprobou este xoves os pregos de condicións e abre o concurso público, reservando 400.000 euros para cubrir o patio do CEIP Balaídos e outros 185.000 euros para o do Pintor Laxeiro. Abel Caballero informou ademais da contratación de obras en cinco rúas do rural vigués por preto dun millón de euros.
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    xoves, 19 nov 2020
                    Ante a solicitude autonómica ao Concello de expropiar terreos no polígono do Caramuxo para ampliar as marxes do río, Abel Caballero argumentou que a Xunta carece de proxecto e non conta coa cualificación urbanística para facelo, e aínda non delimitou o dominio público dun leito que ademais é “competencia ineludible” da autonomía.