Escoitar

Vigo aumentou o seu orzamento social nun 428% desde o ano 2007

Desde o ano 2007 o orzamento de política social medrou no Concello de Vigo desde os 4,2 millóns ata os 18,2 millóns en 2021, o que supón un aumento dun 428%. Así o dixo esta mañá o rexedor nunha rolda de prensa na que reiterou que as contas municipais para o próximo ano son basicamente “sociais e inversoras e, polo tanto, xeradoras de emprego”.

xoves, 19 nov 2020

No ano 2007 as partidas de política social do Concello sumaban 4,2 millóns, una cifra que supera os 18 millóns no documento orzamentario que vén de aprobar inicialmente o Pleno municipal. Trátase, explicou o rexedor, dun crecemento dun 428%, cando o montante dos totais creceu nun 50% (desde 170 millóns en 2007 a 264 millóns en 2021) o que supón que “o orzamento social aumentou dez veces máis. A maior subida que experimentou ningún concello de España”. Na súa intervención, reiterou que as contas do ano que vén son fundamentalmente sociais e inversoras e, polo tanto, xeradoras de emprego.

Respecto das axudas de emerxencia, o goberno local deu conta da adxudicación de 98 novas achegas por importe de 16.057 euros. Deste xeito, o total de axudas no que vai de pandemia elévase a 10.711 cun custo de 1,4 millóns.