O Pleno aproba inicialmente uns orzamentos de 264 millóns "para reactivar a economía da cidade"
O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, foi o encargado de defender as contas municipais nunha sesión plenaria extraordinaria na que destacou que o principal obxectivo dos orzamentos é “reactivar a economía” en diálogo constante coa cidade. Cos votos en contra da oposición, o goberno local sacou adiante un documento de 264 millóns, dos que máis de 19 son para políticas sociais.