O rexedor defende a adaptación das probas a bombeiro para facilitar o acceso das mulleres
Co obxectivo de facilitar o acceso das mulleres ao corpo de bombeiros, o goberno local adaptará as probas físicas modificando parámetros “inxustos” de imposible cumprimento para as mulleres. Así será na Oferta pública de emprego do 2017, 2018 e 2019 que o Concello está a desenvolver nestes momentos.
O alcalde anunciou esta mañá que xa está pechado el prazo de solicitudes para participar na primeira fase da Oferta pública de emprego de 2017, 2018 e 2020, que priorizaba con 86 postos o reforzo de persoal do departamento de Seguridade. Tal e como detallou, dentro da quenda libre, recibíronse 761 solicitudes para 46 prazas de policía local, 419 (19 mulleres) para 12 prazas de bombeiro e 126 (4 mulleres) para 4 prazas de condutor bombeiro. Por primeira vez e co obxectivo de facilitar o acceso de mulleres ao corpo de bombeiros da cidade, dixo, este ano adaptaranse as probas físicas de acceso dado que o sistema non era “xusto” xa que o nivel de dificultade imposibilitaba súa entrada. Nestes momentos, o Concello está á espera da resposta de Sanidade para saber como proceder coas probas de selección en época Covid, tendo en conta as normas da autoridade sanitaria.
Respecto da segunda fase desta OPE, O BOP publica hoxe oito novas prazas: dúas de enxeñeiro de camiños, canais e portos; unha de enxeñeiro industrial; de enxeñeiro técnico industrial e catro de técnico de administración xeral.