xoves, 22 feb 2018
Tras ser desestimado o recurso do Colexio de Arquitectos, o Concello continúa coa tramitación dos proxectos técnicos para as novas bancadas de Gol, Marcador e do aparcamento soterrado. Ademais, o alcalde anunciou o encargo dun novo estudo económico sobre Balaídos, previo á concesión do estadio.
xoves, 22 feb 2018
Cunha subvención media do 82% do custo por praza e máis de 1,5 millóns de investimento municipal, o goberno de Vigo inicia o proceso para adxudicar as 620 vacantes para o próximo curso, un "apoio moi importante para as familias", subliñou Caballero. O prazo de renovación e solicitude de praza, aberto do 5 ao 27 de marzo.
xoves, 22 feb 2018
Abel Caballero informou da aprobación este xoves deste proxecto de actividades de sensibilización e educación medioambiental, que terá lugar entre abril e xuño deste ano como parte do programa "Camiño a Camiño". O Concello de Vigo organizará percorridos por Vigo e comarca e tamén desprazamentos a outros puntos de Galicia.
xoves, 22 feb 2018
O alcalde recibiu este xoves na Praza do Rei a unha delegación dos taxistas de Vigo para presentar a nova imaxe coa bandeira de Vigo no capó. O rexedor celebrou a medida tomada hai tres meses para favorecer a identificación dos taxis nas rúas da cidade. Ademais, tamén foron modificados os escudos que locen nas portas e os números de identificación.
xoves, 22 feb 2018
Caballero destacou este xoves a boa marcha do turismo en Vigo xa que ao crecemento dun 10% da cifra de visitantes en xaneiro hai que sumar un aumento do 24% das pernoctacións. Segundo datos do INE, trátase do mellor mes de xaneiro desde 2008.
xoves, 22 feb 2018
O próximo sábado 24 de febreiro Xosé Luís Méndez Ferrín recibirá o Premio Laxeiro da man do alcalde e presidente da Fundación, Abel Caballero. Durante a presentación deste galardón, o rexedor referiuse ao homenaxeado como "unha personaxe da maior importancia no ámbito cultural e político de Galicia". <br />
xoves, 22 feb 2018
O alcalde entregou este xoves no Concello os diplomas e recoñecementos ás nenas e nenos de diferentes centros educativos da cidade que participaron no XI Concurso de Pintura Vigolandia arredor da temática do Nadal. Durante o acto, o rexedor eloxiou a calidade traballos que concorreron ao certame organizado polo IFEVI.