O goberno de Vigo retoma os proxectos de Gol, Marcador e do parking e encargará un novo estudo económico para Balaídos
Tras ser desestimado o recurso do Colexio de Arquitectos, o Concello continúa coa tramitación dos proxectos técnicos para as novas bancadas de Gol, Marcador e do aparcamento soterrado. Ademais, o alcalde anunciou o encargo dun novo estudo económico sobre Balaídos, previo á concesión do estadio.
A Xunta de Goberno Local tomou coñecemento da resolución do Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais desestimando a impugnación solicitada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ao proceso de contratación da elaboración dos proxectos técnicos das novas bancadas de Gol, Marcador e do estacionamento baixo o estadio municipal de Balaídos.
En verbas de Caballero, o Tribunal deu "enteiramente a razón" ao Concello, que agora continúa co proceso de adxudicación parado cautelarmente. A próxima semana abriranse as plicas correspondentes ás ofertas presentadas polas empresas.
O importe de licitación para a redacción dos proxectos ascende a 900.000 euros, abonados pola Deputación que preside Carmela Silva despois de ser conveniado co Concello. Gobernos de Vigo e provincial tamén acordaron adicar outros 350.000 euros para renovar todos os asentos da bancada de Río Baixo.
Xunto aos nomeados proxectos técnicos, o alcalde de Vigo anunciou que se encargará un segundo estudo económico sobre o estadio de Balaídos. Cos proxectos técnicos e o informe económico, o Concello procederá por dúas vías: primeiro solicitar a aplicación da chamada "Lei Vigo" para dar cobertura urbanística ás novas bancadas de Gol e Marcador -que aumentarán "sensiblemente" a edificabilidade actual- e, en segundo lugar, abrir o proceso de concesión do estadio de Balaídos a comezos de verán, segundo as estimacións do alcalde.
Por último, Abel Caballero recordou que Concello e Deputación levan adicados 14 millóns de euros á remodelación integral do recinto deportivo, mentres que a Xunta de Galicia non adicou nin un euro ao estadio nin tampoco investiu os dous millóns comprometidos hai anos na reforma das pistas de atletismo.
Parques
Na reunión deste venres, o goberno de Vigo aprobou o programa para a análise, avaliación e mellora dos, co obxectivo de adaptar as instalacións á nova lexislación. "Imos revisar todo o conxunto dos parques de Vigo para comprobar a súa actualización á normativa", explicou Caballero.