O Concello xa enviou case 90.000 tarxetas PassVigo, das que preto de 27.000 foron previa solicitude
Case 90.00 vigueses xa teñen a súa tarxeta PassVigo e un 30 por cento foron enviadas previa solicitudes dos usuarios. Segundo explicou o rexedor, o vindeiro 1 de abril deixará de funcionar a Tarxeta Verde e o traspasos de diñeiro restante á nova PassVigo empezarán a realizarse a partir do 12 de marzo.
O Concello xa enviou case 90.000 tarxetas Passvigo, das que preto de 30.000 foron solicitados polos propios interesados. O alcalde, Abel Caballero, asegurou este mércores que xa foron repartidas un total de 57.000 tarxetas bonificadas, 6.700 a estudantes, 21.000 de Pensionistas (modalidades I e II con gratuidade total), 4.200 para universitarios e 655 de uso social.
De esta maneira, actualmente as tarxetas en uso ascenden a 27.000 (o 30% das tarxetas enviadas) e o 1 de abril deixará de funcionar a Tarxeta Verde. Ademais, segundo informou o rexedor, os traspasos de diñeiro desde a Tarxeta Verde de Vitrasa á PassVigo empezarán a realizarse a partir do 12 de marzo.
Caballero explicou tamén que para facilitar a recarga nos caixeiros (agora xa non é de ranura como a Verde) estase a traballar no deseño de carteis identificativos que permitan guiar aos usuarios. "A tarxeta PassVigo é un éxito espectacular, un gran servizo que o Concello de vigo presta aos cidadáns", asegurou Caballero.