O alcalde achega a 150 escolares o vínculo de Jules Verne coa cidade
O Concello continuou este martes coas actividades programadas pola conmemoración da efeméride, hoxe coa teatralización do capítulo "A baía de Vigo" do libro "20.000 leguas de viaxe submarina" fronte á escultura de Verne. Nesta ocasión foron alumnos dos colexios García Barbón, Frián Teis e Ramón e Cajal os que participaron na iniciativa "Vigo le a Verne".
A estatua homenaxe a Jules Verne nas Avenidas recibiu esta mañá a 150 escolares dos CEIP García Barbón, Frián Teis e Ramón y Cajal para gozar dunha representación na que se lles achegou a figura de Verne e o seu paso por Vigo hai 140 anos. Caballero participou no acto contando aos pequenos unha historia ficticia na que el mesmo se atopaba polas noites con Verne e conversaban sobre o seu paso por Vigo, unha forma lúdica de explicar aos nenos a relación do escritor universal francés coa cidade e que vinculou, ademais, con outras personaxes da cultura galega como o pintor Laxeiro ou o escritor Cunqueiro.
Os pequenos coñeceron a historia contada por unha avoa que falaba do que á súa vez lle contase ou seu avó sobre Jules Verne cando ela era pequena.Tamén descubriron como o Nautilus se achegou a Vigo hai 150 anos tal e como relata no capítulo "A baía de Vigo" de "20.000 leguas baixo dos mares".
A iniciativa "Vigo le a Verne", promovida polo Concello de Vigo e as editoriais viguesas Galaxia, Lobito Bueno, Ir Indo e Xerais, complétase cunha acción de fomento da lectura nas librarías da cidade onde os vigueses poderán coñecer en detalle a literatura no só do escritor francés senón tamén os libros relacionados co vínculo de Verne con Vigo.
Descargar todas as imaxes