Abel Caballero e Manuela Carmena coinciden en reclamar que as cidades poidan gastar o seu superávit
Alcalde de Vigo e alcaldesa de Madrid mantiveron este venres unha reunión, na primeira ocasión en que un rexedor da capital visita oficialmente o Concello de Vigo. Caballero e Carmena amosaron o seu acordo en esixir ao Ministerio de Facenda que permita ás cidades reinvestir o seu aforro sen limitacións.