O Concello aproba as normas de adxudicación das 620 prazas nas oito escolas infantís municipais
Cunha subvención media do 82% do custo por praza e máis de 1,5 millóns de investimento municipal, o goberno de Vigo inicia o proceso para adxudicar as 620 vacantes para o próximo curso, un "apoio moi importante para as familias", subliñou Caballero. O prazo de renovación e solicitude de praza, aberto do 5 ao 27 de marzo.
O alcalde informou este xoves da aprobación das normas para a adxudicación das prazas e a matrícula as escolas infantís municipais para nenos e nenas de entre 0 e 3 anos para o curso 2018-2019. O Concello oferta 620 prazas nos oito centros: Costeira-Saiáns, Bouzas, Tomás Alonso, Santa Marta-Casco Vello, Atalaia-Teis, Santa Cristina-Lavadores, Mestres Goldar e Navia.
Para optar ás prazas, a idade mínima no neno ou nena debe ser de tres meses, con residencia en Vigo. O Concello oferta horarios de mañá, tarde e continuo e terán preferencia aqueles xa matriculados este cruso e para os novos ingresos se considerará a presenza de irmáns na escola, proximidade e renda económica das familias.
A este respecto, Abel Caballero salientou que o Concello subvenciona de media o 82% do custo de cada praza, por importe superior ao millón e medio de euros, un "apoio moi importante ás familias".
Ocio alternativo
Por outra banda, o rexedor trasladou que o Concello traballa coa Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade para impulsar un programa de ocio alternativo para a presvención de consumos aditivos en menores e mocidade. O orzamento total do mesmo aproxímase ao medio millón de euros e o programa levará adiante actividades deportivas, culturais, lúdicas e de formación.