O Concello presenta a nova imaxe dos taxis coa bandeira de Vigo no capó
O alcalde recibiu este xoves na Praza do Rei a unha delegación dos taxistas de Vigo para presentar a nova imaxe coa bandeira de Vigo no capó. O rexedor celebrou a medida tomada hai tres meses para favorecer a identificación dos taxis nas rúas da cidade. Ademais, tamén foron modificados os escudos que locen nas portas e os números de identificación.
![1519308317taxis.jpg 1519308317taxis.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1519308317taxis.jpg)