O alcalde eloxia a elección do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín como Premio Laxeiro 2018
O próximo sábado 24 de febreiro Xosé Luís Méndez Ferrín recibirá o Premio Laxeiro da man do alcalde e presidente da Fundación, Abel Caballero. Durante a presentación deste galardón, o rexedor referiuse ao homenaxeado como "unha personaxe da maior importancia no ámbito cultural e político de Galicia". <br />
O alcalde eloxiou esta mañá a elección de Xosé Luís Méndez Ferrín como Premio Laxeiro 2018, nunha presentación na que, xunto co galardoado e o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, tamén estaban presentes, Manuel Bragado, editor e o director artístico da Fundación e o secretario xeral da Fundación, Javier Pérez Buján e Carlos García Suárez, respectivamente. Caballero referiuse a Ferrín como "unha personaxe da maior importancia no ámbito cultural e político de Galicia", non só pola súa "prolífica creación literaria" senón tamén polos postos que desempeñou como docente ou como presidente da Real Academia Galega ou polos artigos que escribe en prensa "que eu leo e dos que aprendo".
O presidente da Fundación destacou o "acreditados que son estes premios" aínda que non teñen unha vida moi longa, xa que veñen distinguindo a persoeiros de primeira liña da cultura en Vigo e en Galicia, ao amparo, dixo, da capacidade creativa "deste inmortal Laxeiro que aínda pasea polas rúas de Vigo. O rexedor fará entrega deste galardón a Méndez Ferrín o próximo sábado 24 de febreiro no restaurante Puerta 98.
Descargar todas as imaxes