O Concello aproba un orzamento para 2009 de case 230 millóns de euros
O Pleno da Corporación ratificou de xeito definitivo este luns as contas municipais para 2009, que contemplan 21 millóns de euros para inversións, unha gran parte deles destinados a humanizacións. O goberno local destacou que os orzamentos "responden aos tempos de crise".