martes, 23 dec 2008
Este martes o alcalde visitou o reformado entorno do centro sanitario para inaugurar de xeito oficial a humanización da parte baixa das rúas Zaragoza, Barcelona, Salamanca e Zamora. O investimento das melloras superou os 1,7 millóns de euros e Abel Caballero xa anunciou que no 2009 se acometerá toda a parte superior do entorno ata a Praza de España.
martes, 23 dec 2008
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, animou a toda a cidadanía a visitar a exposición "Lugrís. Viaxe ao mundo de Ulyses Fyngal", que se inaugurou este martes no Museo Municipal Quiñones de León. "Trátase da mostra máis importante que sobre Lugrís se ten feito na cidade", salientou o tenente de alcalde no acto de presentación, no que tamén participaron a concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, o director do museo, José Ballesta, e os comisarios da mostra, José M. López Vázquez e Juan Monterroso, do departamento de de Arte da Universidade de Santiago de Compostela.
martes, 23 dec 2008
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, explicou este martes que o vindeiro 26 de decembro e a ata o 30 de decembro, no Instituto Feiral de Vigo, abrirá as súas portas Vigolandia "que se consolida xa como o gran parque de atraccións de Nadal". Santi Domínguez presentou hoxe esta iniciativa acompañado polo concelleiro de Cultura, Xesus López, e o xerente do IFEVI, Arsenio Prieto, e anuncio que por primeira vez Vigolandia vai contar tamén con obradoiros para os maiores.
martes, 23 dec 2008
Abel Caballero se reuníu este martes coa plataforma de afectados e plantexou a súa mediación para resolver os problemas puntuais que poida ocasionar aos veciños e empresas o proxecto da Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia. O alcalde indicou que o proxecto "está en fase avanzada" e ofreceu establecer unha mesa de diálogo cos afectados.
martes, 23 dec 2008
A San Silvestre viguesa, que patrocina a Concellería de Deportes, cumprirá o próximo día 31 a súa cuarta edición e estima que, unha vez máis, superará a participación anterior (uns mil corredores e corredoras). A proba, non competitiva, dispútase no parque de Castrelos ás 17.00 horas, e todo o que queira participar terá unicamente que doar un alimento non perecedoiro para que o Club Atletismo Vigo, organizador da carreira, o entregue este ano ás Misioneiras do Silencio.