Escoitar

Atletas de renome participarán o día 31 na cuarta edición da San Silvestre no parque de Castrelos

A San Silvestre viguesa, que patrocina a Concellería de Deportes, cumprirá o próximo día 31 a súa cuarta edición e estima que, unha vez máis, superará a participación anterior (uns mil corredores e corredoras). A proba, non competitiva, dispútase no parque de Castrelos ás 17.00 horas, e todo o que queira participar terá unicamente que doar un alimento non perecedoiro para que o Club Atletismo Vigo, organizador da carreira, o entregue este ano ás Misioneiras do Silencio.

martes, 23 dec 2008
1230040201depor231208.jpg
Francisco Vicente, en representación do club atlético, anunciou o apoio de grandes atletas locais (Carlos Adán, Pedro Nimo, Alejandro Gómez ou Marta Fernández, entre outros) para darlle maior renome á proba, e asegurou que este ano se estima que correrán (ou andarán, que tamén se pode) uns 1.300 inscritos de todas as idades polo circuito de 1.200 metros para un total de 6 quilómetros de percorrido.

"A miña muller e os meus fillos só corren durante o ano a San Silvestre", afirmaba o atleta Carlos Adán, presente na rolda de prensa no Concello para apoiar a proba solidaria. Xabier Alonso, concelleiro de Deportes, asegurou pola súa banda que é "un excelente xeito de acabar o ano", valorou o traballo organizativo do club para esta carreira e se comprometeu a colaborar para que, debido á gran resposta popular, "a proba salga de Castrelos en futuras edicións, porque o merecen". Pelayo Suárez, en representación da entidade benéfica, dixo que é "unha gran idea axudar aos que teñen menos recursos".

Ao remate da proba haberá chocolate con roscón. Antes daráselles un camiseta e un número para o sorteo de agasallos.
Descargar todas as imaxes