O Concello aproba un orzamento para 2009 de case 230 millóns de euros
O Pleno da Corporación ratificou de xeito definitivo este luns as contas municipais para 2009, que contemplan 21 millóns de euros para inversións, unha gran parte deles destinados a humanizacións. O goberno local destacou que os orzamentos "responden aos tempos de crise".
O Pleno da Corporación Municipal de Vigo aprobou este luns as súas contas para 2009 de xeito definitivo, un orzamento "anti-crise" que ascende a case 230 millóns de euros, explicou o goberno local.
O texto definitivo suma, con respecto ao provisional con case 227 millóns de euros, 3 millóns transferidos pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte da Xunta de Galicia das contas de 2008 ás de 2009, unha transferencia de capital que responde á construción do Auditorio Palacio de Congresos en Beiramar.
Do total, 21 millóns de euros serán para investimentos, dos que case a metade (9,4 millóns) irán destinados a humanización de distintas rúas da cidade. O goberno local coincidiu en afirmar que estes orzamentos "responden aos tempos de crise".