Escoitar

O alcalde ofrece a súa mediación coa Xunta aos afectados polo proxecto do carril bici á Ramallosa

Abel Caballero se reuníu este martes coa plataforma de afectados e plantexou a súa mediación para resolver os problemas puntuais que poida ocasionar aos veciños e empresas o proxecto da Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia. O alcalde indicou que o proxecto "está en fase avanzada" e ofreceu establecer unha mesa de diálogo cos afectados.

martes, 23 dec 2008
1230040076afectados.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este martes á Plataforma de Afectados do Proxecto de Seguridade Viaria PO-325 Vigo-A Ramallosa, e trasladoulles a súa vontade de mediar ante a Xunta de Galicia para resolver os problemas puntuais que poida ocasionar a iniciativa da Consellería de Política Territorial.

O alcalde manifestou comprender os problemas dos afectados mais indicou que Vigo e os vigueses desexan o proxecto do vieiro e do carril bici, que o propio ademais da mellora que supón para a seguridade do tráfico na zona.

Ao respecto, Abel Caballero salientou que está "en fase avanzada" e ofreceu establecer unha mesa de diálogo entre as administracións e os afectados para a resolución dos problemas que deriven para os veciños e as empresas que alí operan.
Descargar todas as imaxes