venres, 18 xullo 2008

Aprobada a reforma de "Conservas Garavilla" en Teis para edificio sociocultural.

O alcalde, Abel Caballero, informou este venres 18 de Xullo as 11:30 horas na Alcaldía que a xunta de Goberno aprobou hoxe o proxecto Obradoiro de Emprego "Vigo-Ornamental". O Alcalde explicou que o proxecto consiste nun obradoiro para 48 alumnos/as-traballaores repartidos nas especialidades de "Albanelería", "Carpintería metálica", "Instalacións de fontanería e electricidade" e "Xardineria". Entre os locales que se van reformar para usos socioculturais dentro deste programa son : "Conservas Garabilla" e o local municipal emprazado na rúa Raiña Victoria para locais socio-comunitarios. Como tamén a remodelación da Avda. De Europa.

O alcalde copiloto nun avión Yakovlev-52

venres, 18 xul 2008

O Alcalde, Abel Caballero, sobrevoará Vigo hoxe 18 de Xullo a partires das 17:30 abordo dun Yak-52. O voo durará unha media hora e discurirá sobre Vigo e a sua comarca. O Yakovlev Yak-52 é un avión de adestramento soviético. Voou por primeira vez en 1976 e segue sendo fabricado en Romanía, por Aerostar. O Yak-52 foi utilizado orixinalmente como adestrador de acrobacias para os estudantes da organización soviética de adestramento DOSAAF. Esta organización adestraba pilotos tanto civís como militares.

O concelleiro Xabier Alonso anuncia a ampliación do graderío do pavillón de Bouzas, que duplicará o seu aforo

venres, 18 xul 2008

A Concellería de Deportes ven de contratar a execución das obras de ampliación do graderío no pavillón municipal de Bouzas, co obxectivo de incrementar a capacidade do seu aforo, segundo anunciou o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, este venres. "A obras comezarán inmediatamente", asegurou o edil do BNG, e tras o investimento de 229.317,74 euros, o pavillón terá unha capacidade total para 662 espectadores, na que se inclúe espazo para a ubicación de 15 cadeiras de rodas.

O Alcalde visitará o avión de combate Eurofigther

venres, 18 xul 2008

O Alcalde, Abel Caballero, visitará maña Sábado 19 de Xullo as 17:30 o avión de combate Eurofighter no aeropuerto de Peinador. Esta actividad enmárcase dentro das actividades do Festival Aéreo do domingo 20 de xullo. O rexidor vigués estará acompañado polo Xeneral de División, Manuel Mestre.

A Concellería de Patrimonio Histórico oferta obradoiros gratuítos de arqueoloxía no Museo de Castrelos

venres, 18 xul 2008

Durante os meses de verán, as persoas afeccionadas á arqueoloxía poderán participar de xeito gratuíto en obradoiros que a Concellería de Patrimonio Histórico desenvolverá no Museo de Castrelos. A concelleira de Patrimonio Histórico, a nacionalista Elena Maure, explica que para participar neles, as persoas interesadas só precisan facer reserva previa no teléfono 986 460 812.

A Concellería de Xuventude organiza unha xornada gratuíta de surf na praia de Patos

venres, 18 xul 2008

En colaboración coa Federación Galega de Surf, a Concellería de Xuventude organiza unha xornada gratuíta de iniciación a este deporte, que se desenvolverá o vindeiro 30 de xullo de 10 a 12 horas na Praia de Patos. "Esta iniciativa está dirixida a rapaces e rapazas que saiban nadar e de entre 16 e 20 anos no momento da actividade", explica a concelleira de Xuventude, a nacionalista Iolanda Veloso

O Concello expresa o seu apoio ao pobo saharaui na recepción aos participantes do programa "Vacacións en paz"

venres, 18 xul 2008

O Concello de Vigo, nas intervencións do alcalde, Abel Caballero, o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, expresou o seu apoio ao pobo saharaui durante a recepción ofrecida aos rapaces, rapazas e familias de acollida que participan no programa "Vacacións en paz". En total, son 76 menores os que pasarán os meses de xullo e agosto con familias de acollida viguesas, e este ano Benestar Social financia o desprazamento de 35 deles, o que supón un incremento de prazas con respecto a anos anteriores.