Escoitar

A Concellería de Xuventude organiza unha xornada gratuíta de surf na praia de Patos<br />

En colaboración coa Federación Galega de Surf, a Concellería de Xuventude organiza unha xornada gratuíta de iniciación a este deporte, que se desenvolverá o vindeiro 30 de xullo de 10 a 12 horas na Praia de Patos. "Esta iniciativa está dirixida a rapaces e rapazas que saiban nadar e de entre 16 e 20 anos no momento da actividade", explica a concelleira de Xuventude, a nacionalista Iolanda Veloso<br />

venres, 18 xul 2008
A Concellería de Xuventude e a Federación Galega de Surf ofertan 15 prazas para iniciarse no deporte do surf que serán cubertas por orde de solicitude. Para participar nesta iniciativa, que terá lugar o 30 de xullo na praia de Patos, as persoas interesadas poderán facer a inscrición, antes do martes 22 de xullo na Casa da Xuventude (López Mora 31), no espazo Súbete o Castro (Paseo dos Cedros s/n) e no Punto Xove (López de Neira, 27). As persoas participantes deberán levar bañador, toalla e roupa de muda. A actividade inclúe seguro (licencia), traxe de neopreno, tabla e monitores da Federación Galega de Surf.

Para obter máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Punto Xove de López de Neira, chamar ao teléfono 986 223 004 ou solicitala ao correo electrónico puntoxove@vigo.org.