mércores, 16 xullo 2008

COMEZAN AS OBRAS EN TEIS

O alcalde, Abel Caballero, informou este mércores as 11:30 horas na praza do mercado de Teis que os traballos de humanización do entorno do mercado de Teis e 1 fase de humanización de Sajurjo Badía comezarán o 23 de Xullo. En total, e xunto cos aparcadoiros xa en obras, "entre agosto e setembro", 25 rúas de Vigo estárán en traballos de mellora.

A reforma do Auditorio Municipal permitirá a Vigo contar cunha programación estable de artes escéncias

mércores, 16 xul 2008

Co obxectivo de dotar á cidade de Vigo dunha programación estable de teatro, e das artes escénicas en xeral, a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural iniciará en aproximadamente un mes o proxecto de reforma do Auditorio Municipal, segundo anunciou este mércores o tenente de alcalde, o nacionalista Santi Domínguez. Na presentación do proxecto, no que tamén participou o concelleiro de Cultura, Xesus López precisou que as obras, que contarán cun investimento de 1.385.000 euros, estarán rematadas en sete meses.

O Alcalde, Abel Caballero, recibe aos participantes nos xogos internacionais de Policías e Bombeiros

mércores, 16 xul 2008

O Alcalde, Abel Caballero, recibiu hoxe 16 de Xullo as 10:30 horas aos participantes nos xogos internacionais de Policías e Bombeiros. Devanditos xogos celebráronse o 23 ao 29 de xuño de 2008 en Pontevedra e municipios limítrofes. 40 modalidades deportivas diferentes, exhibicións profesionais polas rúas, actividades de lecer e confraternización, xornadas de seguridade e urxencias, expo-europolyb, etc, foron as actividades realizadas nesta ocasión. Nos cales se obtuveron nove medallas de ouro, seis medallas de plata e catro de bronce.