luns, 14 xullo 2008

O Alcalde destaca o importante volume de adxudicacións aprobadas hoxe 14 de xullo en Xunta de Goberno

Vigo, 14 de xullo de 2008. – Na Xunta de Goberno celebrada hoxe 14 de Xullo ás 9:00 horas o alcalde destacou o importante volume de adxudicacións e diferentes trámites de obras na cidade aprobadas na Xunta de Goberno.
A aprobación dos plans de seguridade e saúde dan luz verde ao inicio das obras de entorno Povisa e Sanjurjo Badía que comenzarán a vindeira semana.

María Méndez subliña a aposta de Benestar Social pola integración na visita ao campamento de "Hoy por mañana"

luns, 14 xul 2008

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, salientou estes luns a aposta pola integración en igualdade de condicións e a oferta de tempo de lecer de calidade que leva a cabo a súa concellería. A concelleira nacionalista realizou estas declaracións durante a visita que realizou a inauguración do campamento urbán que Benestar Social promove na asociación "Hoy por mañana" e que se desenvolverá ata o 31 de xullo en quenda de mañá.