Escoitar

O Alcalde sobe a bordo da fragata Álvaro de Bazán<br />

O Alcalde, Abel Caballero visitou esta mañá día 14 de Xullo a fragata Álvaro de Bazán. A fragata é a pioneira dunha xeración de buques europeos de escolta concibidos para os novos escenarios do século XXI.<br />

luns, 14 xul 2008
121605030920080714_AlvaroDeBazan_06.jpg
Vigo, 14 de xullo de 2008. - O Alcalde, Abel Caballero visitou esta mañá a fragata Álvaro de Bazán. Esta fragata dotada cos avances tecnolóxicos máis punteiros foi construída na factoría ferrolá do estaleiro de Navantia, e entregouse á Armada o día 19 de setembro de 2002.

Sen renunciar ao carácter multipropósito que corresponde a un buque moderno de escolta, no deseño da fragata Álvaro de Bazán deuse prioridade á defensa aérea. O sistema de combate AEGIS, que inclúe o radar multifunción SPY-1D, permite detectar ameazas nas difíciles condicións ambientais características das augas costeiras.


O deseño da plataforma inclúe medidas para reducir as indiscreciones electromagnéticas, infravermellas e acústicas do buque.


A fragata que estes días están en Vigo leva un helicóptero embarcado, o Lamps Mk III, provisto de modernos sensores e armas que permiten a detección e, no seu caso, o ataque a buques de superficie e submarinos por fóra do alcance dos equipos do buque.


Todas estas actividades enmárcanse dentro do Festival Aéreo Internacional de Vigo que terá o seu cénit o 20 xullo coa exhibición aérea.
Descargar todas as imaxes