Escoitar

O concelleiro Xabier Alonso anuncia a ampliación do graderío do pavillón de Bouzas, que duplicará o seu aforo <br />

A Concellería de Deportes ven de contratar a execución das obras de ampliación do graderío no pavillón municipal de Bouzas, co obxectivo de incrementar a capacidade do seu aforo, segundo anunciou o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, este venres. "A obras comezarán inmediatamente", asegurou o edil do BNG, e tras o investimento de 229.317,74 euros, o pavillón terá unha capacidade total para 662 espectadores, na que se inclúe espazo para a ubicación de 15 cadeiras de rodas.<br />

venres, 18 xul 2008
"Dentro da dinámica que está levando a cabo o BNG na Concellería de Deportes de mellorar as infraestruturas deportivas considero que este proxecto é extraordinariamente importante", salientou Xabier Alonso. O concelleiro nacionalista explicou que mellorará sustancialmente o aforo das instalacións, ao pasar de ter unha grada con cabida para 368 espectadores a ter tres cun aforo total de 662 espectadores. Así instalaranse dúas gradas novas, unha delas cunha superficie útil de 188,4 m2 e cabida para 201 espectadores e outra cunha superficie últil de 156,1 m2 e aforo para 78 espectadores e espazo para 15 cadeiras de rodas. Deste xeito, gáñanse 344,5 m2 de superficie útil e amplíase o aforo en 294 espectadores.

Pero ademais da ampliación do aforo, o concelleiro de Deportes subliñou a mellora do acceso ao recinto, para o cal "tivose moi en conta ás persoas con mobilidade reducida". Xabier Alonso explicou que a dispoñibilidade das gradas permitirá o acceso ás persoas con mobilidade e comunicación reducidas, así como a circulación polo edificio. No proxecto contémplase tamén a instalación dun elevador a nivel de pista para que estas persoas poidan acceder á cota de pasarela e ter unha correcta visibilidade.

Xabier Alonso salientou que é un obxectivo prioritario da Concellería de Deportes que as obras estean rematadas de cara o inicio da tempada se xoquei, no mes de setembro.