Escoitar
BENESTAR SOCIAL

Convocatoria de subvencións bono-taxi

venres, 18 xul 2008
CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS EN RÉXIME DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DESTINADA A PROPORCIONAR, MEDIANTE A UTILIZACIÓN DE BONO-TAXI, UN MEDIO ALTERNATIVO DE TRANSPORTE ADAPTADO A PERSOAS AFECTADAS POR GRAVES DISCAPACIDADES NA SÚA MOBILIDADE-ANO 2008


Convócanse axudas para taxi dirixidas a persoas afectadas de dificultades de mobilidade que non podan utilizar o transporte público.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao de publicación no Boletín Oficial da Provincia.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo no prazo antes mencionado, en calquera das formas previstas na Lei 30/1992 de RXAPPAC. de 26 de novembro. As solicitudes deberán acompañarse da documentación requerida nas bases da convocatoria (B.O.P. 17 de xullo de 2008).

O pagamento das axudas farase mensualmente.

As bases que rixen esta convocatoria foron aprobadas no marco xurídico da Lei 38/2003 do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e 9/2007 de 13 de xuño de Subvencións de Galicia e aprobadas pola Xunta de Goberno Local de 7 de xullo de 2008.