Escoitar

O concelleiro de Deportes presenta o equipo de karting de Paula Costas<br />

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, asistiu hoxe á presentación do equipo JSO by Sanoli, no que compite a viguesa Paula Costas, de 6 anos. Baixo a escudaría DCR Competición, tanto a viguesa como o resto de pilotos disputarán na temporada 2008 o Campionato Galego de karting e tamén diversas probas estatais.<br />

venres, 18 xul 2008
O nacionalista desexou sorte ao equipo na presentación do mesmo na Praza do Rei, onde tamén visitou o autobús co que viaxarán por todo o Estado. Xunto a Paula tamén figuran como pilotos Iago, Francisco, José Antonio Presa, Fabio Fandiño, Javier Montes, Ana Fernández e J. Sanoli. Entre os patrocinadores figura a Concellería de Deportes, que aporta unha subvención para axudar a que o equipo poida competir.

Durante o Racingshow Caixanova de maio pasado no Ifevi, Costas fixo as delicias dos máis de 7.000 espectadores asistentes ás probas.