xoves, 27 marzo 2008

Medalla da Cidade e Vigueses Distinguidos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, outorgaralle a Medalla da Cidade aos estaleiros Hijos de J. Barreras no transcurso do acto de conmemoración da Reconquista da cidade que terá lugar o día 21 de marzo no Centro Cultural Caixanova. Na cerimonia o alcalde tamén entregará os galardóns ás viguesas e vigueses distinguidos correspondentes ao ano 2008. Os persoeiros e colectivos que recibirán a distinción son a Confraría do Cristo da Vitoria, a Asociación de Amigos de la Ópera de Vigo, a Asociación de Antigos Alumnos de Don Bosco "María Auxiliadora", a xogadora de baloncesto en cadeira de rodas Mª Victoria Alonso Vilariño, o xornal A Nosa Terra, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e a Asociación de Corais Polifónicas de Vigo.

Unha fin de semana para celebrar a Reconquista

xoves, 27 mar 2008

A celebración da Reconquista da Vila de Vigo, coa que se conmemora a reconquista de Vigo ás tropas napoleónicas o 28 de marzo de 1809, ten lugar durante esta fin de semana cunha serie de festexos e actividades para promover entre os vigueses os valores de entrega e amor pola súa cidade que motivaron este acontecemento histórico.

Vigo prepárase para organizar o Mundial de Hóckey sobre Patíns de 2009

xoves, 27 mar 2008

Vigo prepárase xa para organizar xunto con Pontevedra o Mundial de Hóckey sobre Patíns de 2009. Este xoves o tenente da cidade olívica, Santi Domínguez, asinou un protocolo de colaboración co presidente da Comisión Xestora da Real Federación Española de Patinaxe (RFEP), Carmelo Paniagua, a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e o presidente da Federación Galega de Patinaxe, Enrique García Raposo, co obxecto de iniciar o proxecto de organización deste evento.