Vigo prepárase para organizar o Mundial de Hóckey sobre Patíns de 2009
Vigo prepárase xa para organizar xunto con Pontevedra o Mundial de Hóckey sobre Patíns de 2009. Este xoves o tenente da cidade olívica, Santi Domínguez, asinou un protocolo de colaboración co presidente da Comisión Xestora da Real Federación Española de Patinaxe (RFEP), Carmelo Paniagua, a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e o presidente da Federación Galega de Patinaxe, Enrique García Raposo, co obxecto de iniciar o proxecto de organización deste evento.
En virtude deste acordo, o Concello de Vigo e a Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral para o Deporte, comprométese a organizar o Mundial de Hóckey sobre Patíns 2009, achegando a tal fin os recursos humanos, económicos e materiais para o seu correcto desenvolvemento. A Federación Galega de Patinaxe prestará a súa colaboración técnica para a realización destas tarefas.
O protocolo de colaboración asinado este xoves establece tamén a constitución dun Comité de Honra, un Comité Organizador e unha Comisión Executiva para a organización do Campionato. O Comité Organizador estará presidido polo presidente da RFEP e formarán parte del, ademais, o Consello Superior de Deportes, a Consellería de Cultura, o Concello de Vigo, un membro executivo da RFEP e a Federación Galega de Patinaxe. Este Comité Organizador definirá un acordo de colaboración co Concello de Pontevedra para definir os termos da participación desta cidade como sub sede do Mundial na súa primeira fase, e asegurará, ademais, a difusión, promoción e comunicación pública do evento, tanto a nivel nacional como internacional, coa colaboración da RFEP.
A Comisión Executiva será un órgano que actuará por delegación do Comité Organizador, e del dependerá a realización práctica do Campionato. Será presidida polo Concello de Vigo e estará formada polos membros responsables de cada área de organización do Mundial, ademais dun membro da RFEP.
Os responsables das partes asinantes do protocolo de colaboración mostraron o seu convencemento nas posibilidades que ofrece Vigo para organizar un evento deportivo desta magnitude. Neste sentido, Carmelo Paniagua asegurou que o Mundial de Hóckey sobre Patíns de 2009 "vai ser o mellor Mundial da historia".
Pola súa parte, Santi Domínguez amosou a súa "satisfacción" porque "unha vez máis" Vigo vai poder demostrar a súa capacidade organizadora e asegurou, en relación á cita deportiva obxecto deste acordo, que "non imos defraudar". Domínguez incidiu, así mesmo, na importancia da celebración do Mundial para "ir medrando na práctica deportiva de base", aspecto salientado tamén por Enrique García Raposo.
Nesta mesma liña, Ánxela Bugallo lembrou que a intención da Consellería de Cultura e Deporte "é que esta clase de eventos estean sempre acompañados pola promoción do deporte de base" e que, para iso, desde a adminsitración autonómica se promoverá a difusión do hóckey sobre patíns mediante un "traballo paralelo" dentro do cal se contemplan cursos de inciación a esta modalidade e a inclusión do hóckey no programa Deporte na Escola a partir de 2009.
Descargar todas as imaxes