martes, 25 marzo 2008

O alcalde, novo presidente da Rede Española da Cidades polo Clima

A Comisión Executiva da FEMP nomeou este martes ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidente da Rede Española de Cidades polo Clima, entidade dirixida a promoción das políticas de desenvolvemento sostible e ao impulso de políticas locais de loita contra o cambio climático. Na actualidade, a Rede aglutina a case 19 millóns de personas de 190 municipios españois.

A exposición "O himno. Os tempos son chegados" conmemora no Verbum o centenario do himno galego

martes, 25 mar 2008

O centenario da primeira interpretación do himno galego, que tivo lugar na Habana en 1907, é o eixo central da exposición "O himno. Os tempos son chegados" que dende hoxe e ata o vindeiro 27 de abril se pode visitar na Casa das Palabras. A mostra, que foi presentada polo concelleiro de Cultura, Xesus López, o secretario xeral de Relacións Institucionais de Vicepresidencia, Xoán Antón Pérez-Lema, e o comisario da exposición, Miguel Anxo Seixas, e está integrada por dez paneis que levan por título versos do propio himno, composto pola música de Pascual Veiga e os versos de Eduardo Pondal.

Día Mundial do Teatro 2008 en Vigo

martes, 25 mar 2008

A Escola Municipal de Teatro programa para o mércores día 26 os actos conmemorativos do Día Mundial do Teatro co lectura dun manifesto do director canadense Robert Lepage e varias representacións dos alumnos da escola. Os actos terán lugar ás 19 horas no auditorio Monte da Mina de Castrelos.