O alcalde, novo presidente da Rede Española da Cidades polo Clima
A Comisión Executiva da FEMP nomeou este martes ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidente da Rede Española de Cidades polo Clima, entidade dirixida a promoción das políticas de desenvolvemento sostible e ao impulso de políticas locais de loita contra o cambio climático. Na actualidade, a Rede aglutina a case 19 millóns de personas de 190 municipios españois.
A Comisión Executiva da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) nomeou este martes ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidente da Rede Española de Cidades polo Clima. Esta entidade, sección da FEMP, representa a primeira experiencia na creación dunha rede de municipios que adoptan medidas activas contra o cambio climático.
A FEMP, quen decidíu retrasar o nomeamento ata despois das eleccións xerais para evitar a politización da designación, fixo pública a decisión este martes, na reunión da Comisión Executiva que tivo lugar na sede da Federación en Madrid.
Abel Caballero salienta a importancia que terá para Vigo que o Presidente da Rede e alcalde da cidade teña contacto directo co Ministerio de Medio Ambiente, e marcou dous obxectivos para o seu mandato: elevar a 37 millóns as persoas involucradas na Rede no 2010, e impulsar unha entidade de características semellantes a nivel europeo.
A Rede Española de Cidades polo Clima
A Rede Española de Cidades polo Clima é unha asociación de municipios creada no seo da FEMP que, de forma voluntaria, decidiron sumar os seus esforzos para garantir a calidade de vida a través dunhas políticas respectuosas co medio ambiente. O seu principal obxectivo é a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e, en consecuencia, a adopción das medidas necesarias para loitar contra o cambio climático. A actuación dos municipios que integran esta Rede céntrase no transporte, a eficiencia enerxética, o desenvolvemento de enerxías renovables, e a edificación e planificación urbanística.
A Rede conta actualmente cun total de 190 municipios adheridos, que representan a case 19 millóns de habitantes. Todos eles traballan conxuntamente para coordinar actuacións entre as distintas administracións e, desta forma, alcanzar mellores resultados na loita contra o cambio climático e na mitigación dos seus efectos. Ao mesmo tempo, tratar de articular o protagonismo das Corporacións Locais na xestión ambiental, permitindo facer compatibles a necesidade de abordar, desde o punto de vista normativo, problemas globais que exceden o ámbito municipal.
Ademais dos Concellos adheridos, a Rede tamén conta en calidade de observadores coas Deputacións Provinciais de Xaén e de Huelva, a Rede Vasca de Municipios cara á Sustentabilidade e a Xarxa de Cidades e Pobos cara á Sustentabilidade e a Rede Navarra de Entidades Locais cara á Sustentabilidade.
A creación da Rede foi posible grazas a que a FEMP e o Ministerio de Medio Ambiente estableceron o pasado 4 de novembro de 2004 un Convenio de Colaboración institucional para pór en práctica iniciativas de prevención da contaminación e o cambio climático, dirixido ao impulso de políticas de desenvolvemento sostible a nivel municipal e no que se reflicte a necesidade de establecer unha estreita colaboración entre outras institucións e organismos públicos para impulsar estas actuacións.
Descargar todas as imaxes