Escoitar

Exposición: "O himno. Os tempos son chegados"

O museo Verbum – Casa das Palabras acolle do 25 de marzo ao 27 de abril a exposición temporal "O HIMNO. OS TEMPOS SON CHEGADOS", con motivo do centenario da interpretación do Himno Galego na Habana o 20 de decembro de 1907.

luns, 24 mar 2008
A través de dez paneis que levan por título versos do Himno Galego, a exposición fai un percorrido onde se explica:
- a situación xeográfica do territorio onde acontece a nosa historia ( Na costa verdecente),
- os devanceiros arquitectónicos e epónimos galegos ( Confín dos verdes castros),
- a orixe e o significado do escudo galego e a lenda de Breogán ( Fogar de Breogán),
- a lingua e a literatura galega ( A nosa voz pregoa),
- a creación dun Panteón de Galegos Ilustres ( Os bos e xenerosos),
- a bandeira de fondo branco e franxa azul ( Non des a esquecemento),
- a música, cantigas medievais, bailes e danzas como identidade galega ( O noso rouco son)
- as datas e épocas conmemorativas ( Nazón de Breogán),
- a historia e autor do Himno ( Desperta do teu sono) e
- a letra orixinal do Himno, 1890 ( Os pinos. Himno Galego).

A exposición poderase visitar de martes a domingo de 10 a 19 horas con entrada gratuíta.