Escoitar

Xuventude concova un concurso de fotografía, video e música

A Concellería de Xuventude convoca o primeiro Concurso de Fotografía e video a través do móbil e un concurso musical co tema " A túa versión do himno galego". Os traballos poderán presentarse ata o 12 de maio.

martes, 18 mar 2008
1205843186video.jpg
O obxectivo principal do concurso e fomentar a participación e coñecer a visión da nosa mocidade con respecto á sociedade na que vivimos, en especial á nosa cidade.

Poderán participar a través da URL todos os mozos e mozas que residan na nosa cidade cunha idade comprendida entre os 15 e 30 anos.

As categorías serán: a) fotografía co móbil ¿Cómo vives Vigo?; b) vídeo co móbil :Un instante de Vigo; c) música: a túa versión do Himno Galego.

As bases do concurso e os premios podense consultar na páxina www.321click.org
Os gañadores do concurso faranse públicos o día 15 de maio.
Descargar todas as imaxes