martes, 18 marzo 2008

O 29% dos vigueses están expostos a niveis de ruído superiores ao límite

O Mapa de Ruidos, presentado este martes polo alcalde e membros da empresa redactora Maveín, revela que Vigo se sitúa na media de ruidos das cidades europeas. O Concello presentará en xullo un plan de actuacións para a protección acústica, con medidas como a regulación do tráfico nocturno e nas zonas saturadas e incentivar o uso de vehículos híbridos mediante bonificacións fiscais.

28 novas sinais turísticas facilitan á chegada ás Illas Cíes

martes, 18 mar 2008

Recollendo o recoñecemento feito polo xornal inglés The Guardian á praia de Rodas, nas Illas Cíes, como a mellor praia do mundo, o tenente de alcalde, Santi Domínguez, ven de presentar a nova campaña de sinalización da Concellería de Turismo que ten por obxectivo facilitar o acceso das persoas que nos visitan ás Illas Cíes. Segundo explicou o tenente de alcalde, instaláronse 28 sinais direccionais que guían aos visitantes dende que entran na cidade por estrada ata a Estación Marítima.