luns, 17 mar 2008
Nun momento no que xa se coñece o anteproxecto de lei que regula o consumo de bebidas alcólicas na rúa, o BNG solicita a convocatoria "rápida e urxente" da comisión do botellón para despois de Semana Santa, segundo manifestou este luns o tenente de alcalde, Santi Domínguez, nunha rolda de prensa conxunta coa concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso.
luns, 17 mar 2008
A cidade de Vigo contará no 2009 con dúas novas piscinas, xa que a Xunta de Goberno Local aprobou este luns os seus proxectos básicos de execución. As novas instalacións deportivas estarán ubicadas en Barreiro e na Florida.
luns, 17 mar 2008
O vindeiro 31 de marzo dará inicio o primeiro curso dirixido aos comerciantes e hosteleiros do Casco Vello vigués, segundo anunciou este luns o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo Santi Domínguez. A oferta comezará cun curso de inglés gratuíto que se desenvolverá ata o mes de xuño no centro cívico do Casco Vello durante dous días á semana nun horario a convir entre os propios interesados.
luns, 17 mar 2008
O alcalde, Abel Cabaleiro entrevistouse hoxe con representantes dos clubs vigueses, Gestibérica e Vigourban. A dirección dos clubs transmitiron ao alcalde a súa preocupación pola falta de patrocinios, cuestión que dificulta o desenvolvemento das súas actividades.