Escoitar

O Concello mellorará o abastecemento en Candeán e Cabral con obras por valor de 439.000 euros

A Xunta de Goberno Local deu luz verde este luns a esta actuación. Ademáis se deu conta do novo padrón municipal de vehículos de 2008, a colaboración económica coa Sociedade Protectora de Animais ascende aos 96.000 euros e se estableceu un convenio coa empresa Tragsa para executar obras urxentes sen precisar de concurso público previo.

luns, 17 mar 2008
1205762060xuntagoberno.jpg
O Concello de Vigo aprobou este luns en Xunta de Goberno Local a contratación da segunda fase das obras de mellora do servizo do abastecemento nas parroquias viguesas de Cabral e Candeán por valor de 439.000 euros. O alcalde, Abel Caballero, entroncou esta medida coa "preocupación" do goberno polas parroquias e o abastecemento.

Na sesión tamén se deu conta da revisión do padrón de vehículos de tracción mecánica de 2008. Se contabilizan 172.317 vehiculos este ano, polos 166.338 do 2007, co que se rexistra un incremento do 3,59%. Pola súa banda, o importe da recadación correspondente ascende aos 14.444.000 euros, 706.000 máis que o ano pasado, o que supón un aumento do 5,14%.

Outra medida acordada na Xunta de Goberno Local foi o incremento da partida municipal á Sociedade Protectora de Animais, que ascende agora aos 96.000 euros. O alcalde salientou que este servizo presentaba un estado "moi deficiente", polo que o Concello "casi duplicou" a cantidade que recibirá a Sociedade. Abel Caballero avanzou que se está a estudar a mellora do servizo, un novo modelo de atención aos animais "digno da cidade de Vigo".

O Plan de Ocupación e Explotación das praias do termo municipal de Vigo tamén foi aprobado na sesión de goberno deste luns, que contempla acordos nos servizos, a forma, as construccións e os espazos establecidos. O alcalde transmitíu que o Concello recibíu queixas da Asociación de Veciños de Coruxo e da entidade que xestiona as bandeiras azuis pola excesiva ocupación de espazo da concesionaria na praia do Vao. O rexidor afirmou que o goberno será "moi riguroso" coa empresa para que non supere os 20 metros cadrados de superficie que contempla a concesión.

A Xunta de Goberno aprobou tamén o pago das obras de humanización da rúa Alfonso X El Sabio por valor de 373.000 euros e un convenio marco con Tragsa que permitirá que o Concello, en casos de urxencia, encargue á empresa a execución das obras sen precisar dun concurso público previo. Esta medida, que precisará de convenios específicos para cada actuación, evitará "meses de retrasos" na acometida de obras urxentes, subliñou o alcalde.

Consenso para os Vigueses Distinguidos

Na Xunta de Voceiros celebrada esta mañana, os tres grupos municipais acordaron celebrar un Pleno Extraordinario o próximo luns, 24 de marzo, para o nomeamento dos Vigueses Distinguidos e a concesión da Medalla de Ouro da cidade.

Este ano modifícase o xeito de designación dos Vigueses Distinguidos, co obxecto de acadar consenso na decisión. Así, cada grupo político municipal levará ao próximo Pleno dúas propostas para a distinción, e os demáis grupos apoiarán a iniciativa. Deste xeito serán seis os Vigueses Distinguidos no 2008.

Para a Medalla de Ouro da cidade, o alcalde avanzou que o consenso é o obxectivo dos grupos, para salvar a conflictividade nuns galardóns que son de "toda a cidade".
Descargar todas as imaxes