Escoitar

O alcalde consensuará cos Vigueses Distinguidos en 15 días as propostas para o galardón

En dúas semanas, o alcalde e o colectivo de Vigueses Distinguidos manterán unha reunión no que consensuarán os galardoados e tratarán grandes temas da cidade como o Auditorio ou o AVE. O alcalde mantivo un encontro este venres coa directiva da Fundación, ademais de co Director Territorial de Telefónica Móbiles e os coordinadores do VIII Foro Tecnolóxico do Emprego da Universidade de Vigo.

venres, 14 mar 2008
1205504219EMPREGO.JPG
Coordinadores del VIII Foro Tecnolóxico do Emprego da Universidade de Vigo
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a Fundación dos Vigueses Distinguidos manterán unha reunión en dúas semanas no que se consensuarán as propostas para os galardóns aos Vigueses Distinguidos deste ano. Alcalde e Fundación reuníronse na mañá deste venres, e Abel Caballero escoitou as propostas da Fundación para os galardoados. O Concello levará, pola súa banda, as súas ao próximo encontro. Tras o consenso, se farán públicas, "para que as propostas sexan as de todos, aceptadas por toda a cidade".

A Fundación, na reunión deste venres, pedíu ao alcalde a procura dun local no que desenvolver a súa actividade, petición que será atendida, según manifestou Abel Caballero. O alcalde destacou o coñecemento da cidade do colectivo e avanzou que quere coñecer a súa opinión nos grandes temas da cidade, polo que lles consultará na futura reunión sobre cuestións como a entrada do AVE a Vigo ou o futuro Auditorio Palacio de Congresos.

Os inicios da fotografía en Vigo
Abel Caballero tamén mantivo un encontro este venres do Director Territorial de Telefónica Móbiles en Galicia e Asturias, Ignacio Aller, quen ofreceu ao alcalde traer a Vigo unha mostra dos comezos e evolución da fotografía, que inclúe material gráfico inédito de España e da cidade de Vigo.

O alcalde asegurou que se lles proporcionará unha ubicación para a mostra, que terá lugar "antes do verán", aseverou Abel Caballero.

VIII Foro Tecnolóxico do Emprego
Este venres, o alcalde de Vigo entrevistouse cos coordinadores do VIII Foro Tecnolóxico do Emprego da Universidade de Vigo, Fernando Lence e Héctor Rodríguez. Ambos lle presentaron a Abel Caballero o proxecto, que alcanza esta ano a súa octava edición.
Descargar todas as imaxes