mércores, 12 marzo 2008

Tenencia de Alcaldía conta co apoio de Cogami para por en marcha o proxecto "O noso taxi"

mércores, 12 mar 2008

A Confederación Galega de Minusválidos (Cogami) amosou este mércores o seu apoio á posta en marcha por parte da Tenencia de Alcaldía do proxecto "O noso taxi", que permitirá que as persoas con algún tipo de discapacidade poidan utilizar este servizo ao mesmo prezo que o autobús urbano colectivo, segundo manifestaron esta mañá o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o presidente de Cogami-Pontevedra, Ángel Holguera, tras a reunión que mantiveron no Concello xunto á concelleira de Benestar Social, María Méndez. Na súa intervención, Santi Domínguez salientou a importancia de contar con esta asociación pola súa "gran experiencia" na integración de persoas con discapacidade.

Santi Domínguez visita o parque e o mercado da Bouza para coñecer as necesidades da veciñanza

mércores, 12 mar 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, visitou este mércores o parque e o mercado da Bouza, ubicado en Coia, para coñecer de primeira man o seu estado e as necesidades da veciñanza. Santi Domínguez realizou o percorrido acompañado por representantes do Movimento Cidadán Cristo da Victoria, colectivo que solicitou a visita recentemente e que lle expuxeron as súas demandas.

O Alcalde apoia a lei de fomento do transporte público de viaxeiros

mércores, 12 mar 2008

O alcalde, Abel Caballero, asistiu a unha xuntanza de traballo coa Conselleira de Política Territorial eo alcalde das grandes cidades de Galicia, para analizar o contido do anteproxecto de lei de Fomento do Transporte Público de Viaxeiros de Galicia, que está a elaborar a CPTOPT. Para o alcalde, esta ley ten especial incidencia para a area de Vigo, "este proxecto é importante porque trata de resolver o problema do transporte nos ámbitos metropolitanos". "En Vigo xa temos avanzado para facilitar o transporte interurbano, unha das primeiras medidas foi facilitar a Consellería o intercambiador na Praza de España"

A exposición "Entre teas da Reconquista" inaugúrase mañá na Casa Galega da Cultura

mércores, 12 mar 2008

No limiar do Casco Vello e ás portas da festa da Reconquista de Vigo, a Casa Galega da Cultura acolle dende mañá 13 de marzo e ata o vindeiro 6 de abril a exposición "Entre teas da Reconquista", integrada por pinturas do artista Xabier Lemos e traxes do obradoiro de Patricia González. A inauguración desta mostra, prevista ás 20 horas, enmárcase no conxunto de actos programados con motivo da festa Reconquista deste ano.