Escoitar

A delegación viguesa apraza a súa visita a Bruxelas para despois de Semana Santa

O dossier entregarase o vernes como estaba previsto, pero todo o staff da FISU tivo que viaxar urxentemente a Belgrado e non podería recibir aos representantes de Vigo

mércores, 12 mar 2008
La delegación que ia viaxar o venres a Bruxelas encabezada polo tenente de alcalde, Santi Domínguez, para entregar aos responsables da Federación Internacional de Deportes Universitarios (FISU) o dossier de Vigo como candidata á organización da Universiada de Verán 2013 viuse obrigada a aprazar o desplazamento.

A última hora da mañá o equipo organizativo recibiu da FISU un comunicado informando de que todo o seu staff directivo tivo que viaxar urxentemente a Belgrado, sede da Universiada de Verán no 2009, pola situación de insestabilidade que se está vivindo na zona. Esta situación impediría que a delegación viguesa puidera ser recibida polos responsables da FISU e é, por iso, que solicitaron que a visita se pospoña para unha data posterior, que se concretará despois de Semana Santa.

Este feito non suporá, sen embargo, ningún retraso na entrega do proxecto de candidatura. Un membro do equipo viaxará o venres como estaba previsto para cubrir ese trámite e deixar o dossier no rexistro da FISU.