Escoitar

Tenencia de Alcaldía conta co apoio de Cogami para por en marcha o proxecto "O noso taxi"

A Confederación Galega de Minusválidos (Cogami) amosou este mércores o seu apoio á posta en marcha por parte da Tenencia de Alcaldía do proxecto "O noso taxi", que permitirá que as persoas con algún tipo de discapacidade poidan utilizar este servizo ao mesmo prezo que o autobús urbano colectivo, segundo manifestaron esta mañá o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o presidente de Cogami-Pontevedra, Ángel Holguera, tras a reunión que mantiveron no Concello xunto á concelleira de Benestar Social, María Méndez. Na súa intervención, Santi Domínguez salientou a importancia de contar con esta asociación pola súa "gran experiencia" na integración de persoas con discapacidade.

mércores, 12 mar 2008
1205331843Cogami.jpg
"Precisamos do asesoramento dunha asociación como Cogami para perfilar o inicio desta iniciativa, que queremos por en marcha o antes posible", salientou o tenente de alcalde. Pola súa banda, o presidente de Cogami-Pontevedra indicou que acordaron volver a falar no vindeiro mes par artellar o proxecto co obxectivo de que o servizo "esté operativo no mes de xuño".

Esta reunión celébrase un mes despois da xuntanza que o tenente de alcalde mantivo co vicepresidente da Asociación de Autotaxis, Aurelio Bolaño, que tamén manifestou a disposición do colectivo para apoiar esta iniciativa, que disporá de entre 60.000 e 70.000 euros da Tenencia de Alcaldía para cubrir o servizo que se ofrecerá este ano.
Descargar todas as imaxes