xoves, 13 marzo 2003

Manifesto pola paz e contra a guerra

xoves, 13 mar 2003

Esta tarde na sala de conferencias do Centro Cultural Caixanova presentarase o manifesto pola paz e en contra da guerra que elaboraron as comunidades educativas dos centros participantes no programa "Aprender a convivir".

O alcalde asiste á inauguración do Salón Náutico Internacional de Vigo

xoves, 13 mar 2003

As instituciones galegas aproveitaron a apertura do III Salón Náutico Internacional de Vigo para invitar o sector a revitalizar a industria e o turismo en Galicia. Nesta liña pronunciáronse o alcalde de Vigo, Lois Castrillo, e o presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga. Ambos aludiron á puxanza do sector e á importancia que o salón ten para o futuro das empresas que deben a súa orige ás nosas costas.

O proxecto Asiste celebra unha xornada co obxecto de reflexionar e analizar o sector de axuda ós maiores e á infancia como xacemento de emprego

xoves, 13 mar 2003

A Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, no marco do proxecto Asiste, celebrará o venres, día 14, unha xornada, na Sala de Conferencias do Centro Cultural Caixanova, na que profesionais, baixo o nome de “Os servicios de atención ás persoas: novas perspectivas para o emprego no ámbito local”, analizarán as posibilidades de emprego xurdidas nos ámbitos da atención ós maiores e á infancia, reflexionarán sobre o sector como xacemento de emprego e terán un intercambio de experiencias innovadoras na cualificación de profesionais do sector de servicios ás persoas.

Footin no II Festival Alternativo de Teatro

xoves, 13 mar 2003

Delirium Teatro representa Footin no II Festival Alternativo de Teatro, organizado pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural, no auditorio do Concello ás 21:30 horas. A montaxe foi nominada no ano 2002 aos premios Max de teatro como mellor espectáculo revelación.