Vigo reclama un novo mapa xudicial para atender a demanda existente
O presidente da comisión de xustiza, Jacinto Lareo, presentou un informe de solicitude de creación e transformación de órganos xudiciais en Vigo.
O documento está aprobado no Pleno da Corporación, ratificado polo Consello Económico e Social e proximamente entregaráselle ao Consello do Poder Xudicial e ao Ministerio de Xustiza. Os colexios de avogados e procuradores e a Asociación Xustiza e Sociedade amosaron o seu apoio ás iniciativas plantexadas neste informe.
O concelleiro Jacinto Lareo explicou a vontade política existente para solicitar os órganos que lle corresponden a Vigo co fin de configurar un novo mapa xudicial e atender a demanda existente segundo o seu número de habitantes e o volume de traballo nas dependencias existentes.
O informe recolle que determinados xulgados e seccións da Audiencia provincial de Vigo se atopan colapsados en canto ao número de asuntos, o que provoca unha demora nas resolucións xudiciais que poden crear indefensión no cidadán.
A necesidade de creación de dous novos xulgados do contencioso administrativo, unha nova sección da Audiencia, un rexistro civil exclusivo, a localización dun segundo xulgado de menores da provincia, un instituto de medicina legal, un xulgado do mercantil e oficinas xudiciais para a obtención de certificados penais e de última vontade son algunhas das reclamacións. Estas reivindicacións están plenamente argumentadas e xustificadas segundo a documentación achegada no informe, que reproduce acordos tomados noutras comunidades.
O escrito recolle os mapas da demarcación xudicial de Vigo respecto das xurisdiccións penal e social, as copias dos escritos remitidos ao Ministerio de Xustiza, Colexio de Avogados e Colexio de Procuradores, distintos acordos tomados e unha escolma de noticias aparecidas nos medios de comunicación locais sobre a situación dos xulgados de Vigo.