O alcalde destaca o global do 43% reservado para vivenda protexida no novo Plan Xeral
O alcalde, Abel Caballero, fixo públicas este luns as porcentaxes de superficie residencial protexida para os ámbitos de solo urbano non consolidado e solo urbanizable contemplados no informe sobre o Plan Xeral entregado polo equipo redactor o pasado xoves. O máis destacado polo alcalde foi a cifra global do 43% reservado para vivenda con algún tipo de protección.
Caballero salientou o feito de que nos oito distritos en que se divide Vigo se iguale ou supere a porcentaxe do 40%. Concretamente, as reservas son do 41% no distrito 1, 43% no 2, 40% no 3 e no 4, 44% no 5 e no 7, 46% no 6, e 48% no 8. Estas cifras, co 55% reservado nos sectores que completan a superficie edificable do municipio, dan o total de 43% no conxunto do Plan Xeral para os ámbitos mencionados.
Para o alcalde, esta porcentaxe "única en Galicia" significa o cumprimento do compromiso do Goberno local cos cidadáns en materia de vivenda protexida. Neste sentido, Abel Caballero sinalou que este compromiso "se cumpre na inmensa maioría dos ámbitos", e que nos ámbitos onde non se alcanza esta cifra se producen "incrementos francamente importantes". Tal é o caso, segundo indicou o alcalde, de dous ámbitos "significativos" como Barrio do Cura, onde se pasa do 5% ao 29%, e praza de España, onde a reserva sobe do 0% ao 21%.
En opinión do alcalde, o novo Plan Xeral de Vigo, de ser aprobado, marcará "un fito" na maneira de facer urbanismo "en Galicia e en España", ao permitir acceder a vivendas asequibles ao "90% da poboación" da cidade.
Abel Caballero expuxo estes datos nunha rolda de prensa posterior á reunión da Xunta de Goberno Local, na que a concelleira de Urbanismo, Carmen Silva, presentou aos membros do bipartito o informe do equipo redactor, do que tamén estaba previsto enviar unha copia este mesmo luns á oposición. O Goberno local manterá unha nova xuntanza este mércores para chegar a unha decisión conxunta sobre esta proposta de Plan Xeral. O documento será debatido polo Pleno da Corporación na primeira semana de decembro para decidir o seu envío á Xunta de Galicia. O obxectivo do Goberno é que a aprobación definitiva da Xunta de Galicia chegue antes do 31 de decembro.
Ao longo da mañá deste luns, o alcalde mantivo reunións co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla, e o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, José Manuel Fernández Alvariño, así como con representantes dos sindicatos UXT, CC.OO. e CIG, para informalos sobre a proposta de Plan Xeral entregada por Consultora Galega.