O Concello e a Federación de Veciños organizan actividades deportivas na rúa
Durante os tres próximos domingos, os cidadáns teñen a oportunidade de participar no programa "Deporte na rúa", organizado pola Concellería de Deportes en colaboración coa Federación de Asociacións Veciñais "Eduardo Chao".
Achegar aos cidadáns os deportes tradicionais e a práctica deportiva en igualdade de condicións entre homes e mulleres son os obxectivos do programa "Deporte na rúa", organizado polo Concello en colaboración coa Federación de Asociacións Veciñais "Eduardo Chao".
"Deporte na rúa" desenvolverase durante os tres próximos domingos: o 29 de abril na zona das canchas de Samil, o 6 de maio fronte á igrexa de Bouzas e o 13 de maio nas pistas deportivas e xardíns do Areal. Deste xeito, cúmprese a finalidade de achegar a distintos puntos do termo municipal unhas actividades participativas abertas a persoas de todas as idades.
O primeiro grupo de actividades de "Deporte na rúa" é o dos xogos e deportes tradicionais, practicados antigamente e que foron pasando de pais a fillos a través das xeracións. Deste xeito, os que participen neste programa poderán xogar á billarda de precisión e de distancia, aos bolos celtas, á chave, ao pateiro, ao aro, ao trombo, ás bólas e co tirachinas.
Estes xogos e deportes teñen, na maior parte dos casos, un marcado carácter rural e proceden de actividades relacionadas co traballo, que desapareceron ou están a piques de facelo debido ao cambio de estilo de vida.
"Deporte na rúa" non só ofrece aos cidadáns a posibilidade de practicar estes xogos e deportes tradicionais, senón tamén de aprender a fabricar os seus propios xogos, ao contar coa presenza de artesáns nos lugares onde se desenvolverá o programa.
Outro dos obxectivo de "Deporte na rúa" é fomentar a participación de homes e mulleres en igualdade, favorecendo, ademais, a presenza de mulleres en deportes tradicionalmente masculinos.
Estes "Deportes para a Igualdade" serán o baloncesto, o fútbol sala, o xadrez, a indiaca, o ciclismo e o cachibol. Nos deportes de equipo os grupos serán mixtos e durante os partidos deberá haber dous xogadores do mesmo sexo na cancha.
Para os que xoguen ao xadrez existirán dúas modalidades: os que queiran aprender a xogar e os que xa saben xogar.
Descargar todas as imaxes