Animación na praza da Independencia con "Emprázate"
O sábado 28, a Praza da Independencia transformarase nun gran circo con actividades dirixidas a todos os públicos.
Así, pois, este espazo será o lugar onde "emprazarse" o vindeiro sábado e deixarse envolver pola maxia de diversos malabaristas e percusionistas que animarán a praza e implicarán a toda aquela persoa que o desexe nos diferentes obradoiros: percusión, monociclos, mazas, clown, bolas, globoflexia e diábolo.
Esta actividade terá lugar entre as 17 e as 19:00h dentro do programa de animación de rúa da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo que, baixo o nome de "Emprázate" estará presente en varias rúas e prazas da cidade nos meses de abril e maio.
Emprázate contará con diferentes actividades que pretenden, ademais de divertir e dinamizar as nosas prazas e rúas, achegar ao público vigués a novas alternativas de ocio coma a arte do novo circo, a través de espectáculos aos que normalmente non se ten acceso, e fomentar a participación interxeneracional nos espazos públicos da cidade.
Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31), Tfno. 986 294 806
Descargar todas as imaxes