O Concello ofrece 12 bolsas de formación para titulados en Turismo
O Concello convoca 12 bolsas de formación para a realización de prácticas de catro meses nas oficinas e servizos turísticos da Concellaría de Turismo e Comercio, en principio desde o 15 de xuño ata o 15 de outubro deste ano.
As axudas van dirixidas a mozos e mozas que teñan obtido a súa titulación tras cursar os estudos da Diplomatura de Empresas e Actividades Turísticas ou do módulo de Técnico Superior en Información e Comercialización Turística. Deste xeito, os destinatarios das bolsas poderán mellorar a súa formación no sector turístico, contribuíndo ao mesmo tempo ao desenvolvemento desta actividade e á procura de maiores niveis de calidade nos seus servizos.
Por cada mes de prácticas, os beneficiarios destas axudas recibirán 750 euros brutos. Ao tratarse de 12 bolsas de catro meses de duración, a cantidade total asignada pola Xunta de Goberno a esta convocatoria ascende a 36.000 euros.
Proxectos de Voluntariado
Por outra parte, o Goberno local presentará os proxectos que integran o Programa Municipal de Voluntariado á convocatoria de subvencións da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia para o fomento e realización de actividades de voluntariado nos concellos e mancomunidades.
O Programa Municipal de Voluntariado inclúe iniciativas como a potenciación da Oficina Municipal de Voluntariado, a formación de voluntarios, unha campaña informativa a través dun Portal Interactivo de Voluntariado en Internet, ou os proxectos de voluntariado en acompañamento, voluntariado medioambiental e voluntariado en hospitais e en centros da terceira idade e de menores.
En 2006, a Oficina Municipal de Voluntariado recibiu da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar unha subvención de case 6.000 euros.
Outras propostas aprobadas pola Xunta de Goberno Local hoxe luns son a do proxecto de modificado do proxecto de vestiarios para o campo de fútbol de herba sintética de Candeán, por importe de 59.700 euros; o proxecto de convenio de colaboración entre o Concello e o Cine Clube Lumière para a organización de programación de cine no Auditorio do Concello durante 2007, cunha achega municipal de 12.000 euros; e, finalmente, o proxecto de convenio de colaboración entre o Concello e Alcampo para o desenvolvemento dun curso de azafato/a de caixa de gran superficie, para 15 alumnos/as e cun orzamento de case 3.000 euros financiado polo Concello.
Descargar todas as imaxes