Escoitar

Principia o I Festival de Teatro Alternativo con ”Solo y cía”

xoves, 31 xan 2002
imx1049.jpg
Solo y cía
O Festival de Teatro Alternativo, organizado pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural, comeza o venres, 1 de febreiro, coa actuación de ”Solo y cía” que representará Wagadú.

As entradas pódense adquirir na central de espectáculos (rúa Velázquez Moreno, 26) ou na taquilla por 5 euros. Tamén hai abonos para tódalas representacións por 20 euros. As actuacións serán ás 21:00 no auditorio municipal.




Sinopse

Wagadú e unha reivindicación e unha homenaxe a África e, por extensión, a toda a cultura negra. Está realizada mediante unha festa teatral que inclúe danza, música e monicreques e créase a partir da dramatización de contos e lendas de diversas tradicións orais africanas tratadas como se fosen contemporáneas.

Wagadú é unha investigación teatral, un encontro entre varios creadores que abren un proceso mestizo e multidisciplinar ó servicio dun teatro comprometido e innovador.


Equipo

Actores, músicos e bailaríns María José Sarrate, Giovanny Holguin e Nagot Picón

Coreografías afro Giovanny Holguin

Coreografías rap Nagot Picón

Traballo xestual María José Sarrate

Temas de Wagadú e Canto de los ratones Nagot Picón

Deseño vestiario Ana Llena

Deseño luces Jesús Domínguez

Producción executiva Sole Sánchez

Dramaturxia, espacio escénico e dirección José Ortega

Descargar todas as imaxes