Escoitar

Constituise a Comisión de Telecomunicacións do Concello

mércores, 30 xan 2002
Xa está constituída a Comisión de Telecomunicacións prevista na Ordenanza Municipal Reguladora da Localización, Instalación e Funcionamento de Equipos de Telecomunicación. Esta comisión é o órgano que dictaminará as consultas previas relativas ás solicitudes de licencias de instalación de estacións base de telefonía e das estacións emisoras ou repetidoras de radiodifusión e televisión. Este tipo de estacións teñen un prazo de dous anos para adaptarse ás condicións establecidas na Ordenanza e solicitar a preceptiva licencia.

Outra das funcións da comisión é a de realizar un seguimento da execución da Ordenanza e propor as modificacións e melloras que se considere necesario incluir no seu texto.

Ata o momento, presentáronse no Concello de Vigo 110 solicitudes para obter a correspondente licencia de instalación de “emisoras cualificadas”. 14 das solicitudes xa foron desestimadas. Outras 10 recibiron autorización.

A Comisión de Telecomunicacións do Concello de Vigo está composta polos concelleiros de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico, o xerente de Urbanismo, técnicos municipais e representantes do Departamento de Tecnoloxía das comunicacións da ETSI de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Tamén poden asistir ás xuntanzas, a invitación da Comisión, expertos na materia.