O Museo de Arte Contemporánea presentarase en Madrid no mes de febreiro
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo presentarase en ARCO o próximo día 14, segundo anunciou hoxe a directora da institución, Carlota Álvarez Basso, no transcurso dunha rolda de prensa na que tamén anunciou que o Museo contará cun stand de 67 m2 no pavillón 9.
A directora da Feira Internacional de Arte Contemporáneo-Arco, Rosina Gómez Baeza, presentou hoxe en Vigo a Feira que se celebrará en Madrid entre 14 e 19 de febreiro. ARCO, convertida hoxe na segunda feira máis internacional do mundo, reunirá os programas de 260 galerías de 31 países dos distintos continentes.
O contido artístico de ARCO ofrecerá un percorrido polas distintas secuencias da arte do século XX. Dende as Vangardas Históricas, pasando pola Arte Moderna, Contemporánea e Experimental, ata chegar á Arte Emerxente de comezos do XXI, estarán representadas da man de catro mil artistas.
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, manifestou na rolda de prensa que a presencia do MARCO na Feira de Arte é fundamental por ser o lugar onde se dan cita os profesionais do todo o mundo e un lugar de encontro da arte contemporánea.
Museo de Arte Contemporánea
Esta nova dotación cultural, que vai ser inaugurada no mes de outubro deste ano, está ubicada no antigo edificio dos Xulgados e Cárcere de Vigo (1880), un emprazamento no centro do casco urbano (rúa do Príncipe s/n).
As obras de remodelación, dirixidas polo equipo vigués de arquitectos formado por Manuel Portolés Sanjuán, Francisco Javier García-Quijada Romero e Salvador Fraga Rivas, iniciáronse no outono de 1999 e finalizaron o pasado decembro. O Museo, de titularidade municipal, dispón de 10.007m2, dos cales 3.500 m2 estarán destinados a salas de exposicións e a colección, que se iniciará trala posta en marcha do Museo.
O obxectivo fundacional é que o MARCO de Vigo sexa unha institución que non só cumpra coas funcións dun museo convencional como conservar, investigar e exhibir obras de arte, senón que ademais teña entre as súas prioridades producir, formar, comunicar e difundir a cultura contemporánea. En definitiva, crear un centro cunha programación pluridisciplinar, aberta a tódolos soportes artísticos de hoxe e orientada cara o coñocemento da arte e a cultura dos nosos días.
Descargar todas as imaxes