Escoitar

A celebración do Día da Paz congregará a 5.000 escolares na praza do Rei

martes, 29 xan 2002
imx1038.jpg
Rapaces de 25 centros de ensino participarán o mércores, 30 de xaneiro, nos actos organizados pola Concellería de Xuventude e Deportes que conmemoran o Día da Paz. O alcalde, Lois Castrillo, dirixiralles unhas palabras ós escolares que logo interpretarán cancións sobre a paz e lerán un manifesto da Unesco.

Un grupo de rapaces interpretarán a canción de Cómplices ”Verdad que sería estupendo” e alumnos de Aspanaex lerán os seis puntos propostos pola Unesco para unha década pola cultura de paz e non violencia. Despois cantarase unha versión dun tema de John Lennon.

Descargar todas as imaxes