Escoitar

Aprobado o proxecto de ampliación da rede de subministro de auga a Vigo

luns, 28 xan 2002
O Pleno do Concello aprobou o proxecto de ampliación da rede de subministro de auga potable a Vigo, unha obra presupostada en 1.360.629.896 ptas. para a que se solicita o financiamento da Xunta de Galicia.

Coa execución deste proxecto persíguese garantir o fornecemento de auga ás novas urbanizacións que se constrúen na cidade, como o PAU de Navia, e solucionar o problema de subministro que sofren algunhas parroquias como Beade. A nova canalización unirá a rúa Cantabria, en S. Xoan Poulo, coa rúa Cañiza, en Coia, establecendo un cinto perimetral que servirá ademais para manter o subministro á cidade en caso de avarías na rede principal.

O Concello aproba tres novos proxectos de ampliación do saneamento

O Concello vaille solicitar á Xunta de Galicia o financiamento das obras de ampliación do saneamento nas parroquias de Valadares, Beade e Zamáns, avaliadas en 1.566 millóns de pesetas. Para iso elaborou e aprobou os correspondentes proxectos de obra.

O Concello será o encargado de realizar as expropiacións necesarias para acometer estas obras. Para iso destinará 108 millóns de pesetas.